Foro de la Profesión


17-10-2019

foto  Foro de la Profesión

 

En primeiro lugar e en relación á manifestación a celebrar en Madrid en defensa da profesión veterinaria, informarvos, que o Consello Xeral de Colexios Veterinarios rexeitou a súa organización despois de que os compañeiros que iniciaron esta movilización, declinasen esta posibilidade no Consello.

 

 http://www.diarioveterinario.com/texto-diario/mostrar/1601005/organizacion-colegial-veterinaria-rechaza-organizar-manifestacion-17n

https://www.animalshealth.es/profesionales/el-consejo-de-colegios-veterinarios-de-espana-decide-no-liderar-la-manifestacion-nacional-veterinaria-17-noviembre

 

Doutra banda, a Federación Estatal de Sindicatos Veterinarios (FESVET) da que forma parte ASVEF, unha vez coñecida a postura do Consello, ofreceuse para liderala e organizala xunto a outras asociacións que así o mostren.

http://www.diarioveterinario.com/texto-diario/mostrar/1601279/fesvet-liderara-manifestacion-veterinaria-17-noviembre

https://www.animalshealth.es/profesionales/fesvet-se-ofrece-para-liderar-la-manifestacion-veterinaria    

 

Aínda así, a nosa posición, Asvef, tal como se vos informou, é apoiala, aínda que sen estar de acordo na data, 17 de novembro, por considerala inadecuada. Entendemos que non é a adecuada porque a unha semana de celebradas as eleccións xerais (10 de novembro) estas e as distintas negociacións e opcións abertas, focalizarán sen dúbida a atención de todos os medios. Así mesmo, tampouco haberá goberno formado ante quen canalizar as nosas reivindicacións. 

 

 Noutro orde,  o pasado fin de semana, invitados polo sindicato de Castilla y León (USCAL)  e en representación de Asvef, asistiu ao acto de presentación do foro da profesión veterinaria en Castela León, a nosa compañeira Elena Reguera Campos, vocal de Asvef . Sen dubida que resulta moi  interesante e a bo seguro que constituirá para nós un camiño por percorrer, 

 

Este é o resume que  fai da xornada que esperamos sexa do voso interese.

 

Queridos compañeiros:

"O martes 15 de Outubro tiven o privilexio de asistir como convidada en representación   ASVEF, á presentación do FORO DA PROFESION VETERINARIA DE CASTELA E LEON  e á firma do convenio marco de colaboración entre as institucións asinantes.  É o  primeiro Foro autonómico da Profesión que  reúne nun mesmo organismo ao Consello de Colexios Veterinarios de Castela e León, a Facultade de Veterinaria da ULE e o Sindicato Veterinario de Castela e León.

É moi gratificante comprobar como os veterinarios desta Comunidade Autónoma unen os seus esforzos para mostrar a toda a sociedade e ás súas institucións a importancia do traballo de todos os seus profesionais,  sexa cal for o seu campo, e que a finalidade de todo este esforzo sexa garantir a saúde pública, incluída a seguridade alimentaria dos cidadáns, a sanidade e o benestar dos animais e a sanidade ambiental, así como calquera outra proxección das Ciencias Veterinarias. 

Os primeiros asuntos que se abordarán no Foro da Profesión Veterinaria de Castela e León xa foron expostos na presentación:

          - Reforzar os sistemas de inspección para avanzar aínda máis na seguridade alimentaria.

            - Analizar a situación de plétora profesional, con exceso de facultades e alumnos .

           - Lograr o recoñecemento pleno da condición sanitaria dos veterinarios, con todas as implicacións que isto supón para a carreira profesional e para as clínicas (que sexan consideradas centros sanitarios e que os seus servizos estean gravados co IVE/IVE sanitario). 

           -Tamén se abordará a conveniencia de crear un Servizo Rexional de Saúde Pública.

  "Trátase de presentar propostas para avanzar na mellora da profesión, ofrecer unha resposta ante situacións de crises e servir como altofalante acreditado da profesión ante a sociedade e ante as administracións".

Achégovos o convenio asinado e as notas de prensa. Creo que o esforzo realizado mereceu a pena pois é moi gratificante estar con tantos colegas orgullosos da achega que facemos á sociedade e que a palabra “SAÚDE “na nosa vida cotiá  inclúa o traballo de todos os profesionais veterinarios".

 

              Un saúdo.         Elena

Fotografías:





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  C/ Echegaray nº 10 2º Izda. - Pontevedra
36002 - Pontevedra