Lei 6/2019, de modificación da Le 10/2010 de Saúde Pública e Seguridad


08-04-2019

foto  Ley 6/2019, de modificación de la Ley 10/2010 de Salud Pública y Seguridad Alimentaria de Castilla y León y la Ley 7/2019

Queridos compañeiros.

Recentemente aprobáronse nas Cortes de Castela e León dúas leis que polo seu recoñecemento, son de gran importancia para os nosos compañeiros en particular e para a nosa profesión en xeral, a Ley 6/2019, de modificación de la Ley 10/2010 de Salud Pública y Seguridad Alimentaria de Castilla y León e a  Ley 7/2019 de implantación y desarrollo de la carrera profesional de los empleados públicos de la Administración de la Comunidad, as cales se anexan a este documento.

Isto supón, colmar unha das nosas grandes aspiracións, o recoñecemento da nosa profesión como profesión sanitaria, algo que en principio parece tan obvio pero que tan borrado da totalidade do mapa institucional permaneceu, practicamente desde que se levou a cabo a reestruturación dos nosos servizos veterinarios a nivel oficial, alá polo ano 1994. Este recoñecemento, que tamén debe ser o noso, quen máis de preto seguistes a traxectoria desta Asociación, sabedes que foi reivindicado na nosa CA por  ASVEF , entendendo que constitúe un obxectivo prioritario para a profesión veterinaria.

Con todo, atendendo ao sucedido en Castela-León, debemos entender que os primeiros que nos debemos concienciar da importancia deste recoñecemento, somos nós mesmos, os profesionais veterinarios. Só, desde a unidade na profesión, coa participación de todos no día a día e con apoio ás organizacións e sindicatos veterinarios profesionais que nos representan, do mesmo xeito que en Castela León, conseguiremos reverter unha situación de inxustiza para unha profesión veterinaria, que sempre participou participa e participará nas competencias sanitarias.

Desde  ASVEF non vemos outra situación, que iniciar unha andaina similar que cristalice a nivel desta CA co recoñecemento do carácter sanitario da nosa profesión. Por outra banda, como ben sabedes, ASVEF forma parte ao igual que Castela León,  da Federación estatal de sindicatos veterinarios, FESVET, Federación que ten como un dos principais obxectivos, a recuperación institucional do carácter sanitario da profesión veterinaria.

Fotografías:





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra