17 de novembro Manifestación en Madrid pola Profesión veterinaria.


04-11-2019

foto  17 de noviembre. Manifestación en Madrid por la Profesión Veterinaria

O vindeiro domingo 17 de novembro, celebrarase en Madrid a manifestación nacional pola profesión veterinaria, baixo o lema, somos veterinarios somos sanitarios. Dará comezo ás 12 da mañá, cun percorrido que abarcará desde a Porta do Sol ata o Ministerio de Sanidade.

Como se vos informou, o Consello Xeral de Colexios Veterinarios rexeitou asumir a responsabilidade da súa organización, momento no que a Federación de Sindicatos Veterinarios, FESVET, dá un paso adiante e asume xunto cos promotores orixinais o peso e organización da mesma. Desde Asvef, tras a consulta efectuada, decidimos apoiala, aínda que trasladamos que a data non era nin moito menos a máis adecuada. Asvef, forma parte de FESVET, aínda que por razóns extraordinarias e sobrevindas non puidemos participar en nada da súa organización.

 Trasladarvos que desde os Colexios veterinarios de Pontevedra e Ourense, organizouse para fretar un autobús, para todos aqueles que queiran asistir. As condicións son as seguintes:

O autobús fará o traxecto Vigo - Ourense- Madrid e a ida pódese realizar ben o sábado día 16 ás 15:40 desde Vigo, con parada ás 17:00 en Ourense e regreso o domingo ás 16:30 horas. O aloxamento en Madrid sería por conta dos asistentes.

A outra opción é saída o domingo 17 ás 3:45 desde Vigo, parada en Ourense ás 5:00 e regreso ás 16:30 horas.

Prezo: O custo de inscrición de bus tanto se é o sábado pola tarde ou o domingo de madrugada é 15 euros/colexiado de Ourense e Pontevedra e 40 euros/ resto de rexistrados.

Limite número de rexistrados Se non hai un mínimo de 20 inscritos o autobús non se freta.

A data límite para responder á enquisa é o martes 5 de novembro ás 18:00 horas e se hai un número suficiente de interesados mandaríasevos a documentación para formalizar a inscrición a aqueles que completasen a enquisa.

Desde os Colexios de Coruña e Lugo, descoñecemos que a data de hoxe haxa algo concreto, organizado neste sentido.

Se estades interesados na oferta que se  fai desde os Colexios de Ourense ou Pontevedra é necesario cubrir a seguinte enquisa no seguinte enlace:

http://formacion.covpontevedra.es/moodle/mod/feedback/view.php?id=985

Soamente no caso de que existira demanda e o Colexio non fixera fronte á mesma, Asvef trataría de organizar a viaxe.

Fotografías:





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra