12-04-2019
Plena satisfacción entre os integrantes e simpatizantes do novo sindicato, SEPGA, maioritariamente integrado por Inspectores veterinarios.
O pasado 11 de abril celebráronse as eleccións ás Xuntas de Persoal da Xunta de Galicia, irrompendo con forza o noso sindicato, o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia, sindicato, en cuxa creación participou activa e maioritariamente (Asociación Sindical de Veterinarios Funcionarios de Galicia.)
Creado en moi pouco tempo e con escasa infraestrutura, o sindicato representa ao Grupo A de empregados públicos da Xunta, aínda que, maioritariamente constituído por empregados públicos pertencentes ao corpo de inspectores veterinarios da Xunta e e ao Corpo Superior da Xunta de Galicia.
A pesar de non presentar candidaturas nunha das cinco circunscricións (Ourense) os resultados obtidos, podemos cualificalos de excepcionais, conseguíronse 19 representantes dun total de 123, dos cales, 10, serán inspectores veterinarios. Estes resultados, convértennos no colectivo maioritariamente representado na CA e como sindicato, na segunda forza nas circunscricións ás que se presentaron credenciais.
|
SERVIZOS CENTRAIS |
CORUÑA |
PONTEVEDRA |
LUGO |
CIG |
10 |
8 |
14 |
8 |
SEPGA |
6 |
5 |
4 |
4 |
CSIF |
5 |
5 |
2 |
5 |
CCOO |
3 |
4 |
3 |
2 |
UGT |
1 |
3 |
2 |
4 |
A forza coa que se irrompe non é máis que a mostra da ilusión espertada entre os seus votantes, quen, sen dúbida, atoparían nesta formación un bo baluarte para a defensa e promoción dos seus dereitos, entendendo, como non debidamente atendidos ata a actualidade.
A forza coa que se irrompe non é máis que a mostra da ilusión espertada entre os seus votantes, quen, sen dúbida, atoparían nesta formación un bo baluarte para a defensa e promoción dos seus dereitos, entendendo, como non debidamente atendidos ata a actualidade.
Desde Asvef e Sepga, non podemos máis que agradecer a confianza depositada, na seguridade que non se defraudará, tratando de xestionar da maneira máis eficaz e en beneficio de todos o capital depositado.
Desde a ética e o compromiso social que constitúe o noso ideario de acción, en colaboración co resto de formacións, trataremos de utilizar os nosos efectivos, coa firme idea, de poder loitar e contribuír a mellorar a nosa formación e as nosas condicións de traballo como empregados públicos e desde o noso labor diario, de boa administración, poder ofrecer á cidadanía uns servizos públicos eficaces, áxiles, e independentes.
Reiterar o noso agradecemento e agora, tócanos traballar.