CONSTITUCIÓN DA MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS. REUNIÓN FESVET-ORGANI


28-01-2020

foto  CONSTITUCIÓN DE LA MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS. REUNIÓN FESVET-ORGANIZACIÓN COLEGIAL VETERINARIA.

O pasado luns 20 de xaneiro, convocados por Función Pública e acorde aos resultados obtidos nas últimas eleccións sindicais,  tivo lugar en Santiago a constitución das novas Mesas. Como ben sabedes, por primeira vez, como SEPGA,  teremos representación na Mesa Sectorial de Funcionarios, o que nos permitirá en diante, poder participar con voz e voto nas futuras negociacións correspondentes ao ámbito da Función Pública.

Noutra orde, este mesmo  luns, celebrouse na sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Valladolid, unha nova reunión do Comité Executivo da Federación Estatal de Sindicatos Veterinarios, FESVET, reunión á que por coincidencia coa anterior, non puidemos asistir ningún dos membros do Comité Executivo de Asvef. Durante a mesma acorde aos obxectivos marcados para 2020, decidiouse, na liña do xa transmitido tanto á Presidencia do Goberno como aos Ministros do ramo,  solicitar entrevistas cos diferentes grupos parlamentarios, co fin de trasladar as nosas reivindicacións.

Para mais detalle, en documento anexo, ver dossier informativo da Federación.

Finalizada a reunión do Comité, os membros de FESVET reuníronse, na sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Valladolid, con D. Luís Alberto Calvo e D. Rufino Rivero Hernández, Presidente e Secretario Xeral do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España, cos que analizaron os principais problemas da profesión e valoraron o resultado da manifestación do 17- N. Tras compartir a maioría dos puntos de vista estudados, desde FESVET se coincide co Consello que a mellor fórmula para abordar a solución a estas prioridades é a de axuntar esforzos entre todos os grupos representativos da profesión, creando o FORO ESTATAL DA PROFESIÓN VETERINARIA,

Para mais detalle, en documento anexo, ver dossier informativo da Federación.

 





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra