ASEMBLEA XERAL ASVEF


18-02-2020

foto  ASAMBLEA  GENERAL  ASVEF

Querido compañeiro, pola presente informámosche da celebración da asemblea xeral ordinaria de Asvef:

   

  • Data:  3 de marzo de 2020. 
  • Lugar: Salón de actos da EGAP. Santiago de Compostela. 
  • Hora:  17.00 horas en primeira  convocatoria.
  •            17:30 horas en segunda  convocatoria

 

            ORDE DO DÍA: 

  • Lectura e no seu caso, aprobación de acta anterior. Presentación estatutos aprobados en Asemblea anterior ver: http://www.asvef.gal/control/ver/mostrarcontenido/3
  • Estado actual asociación. Aprobación dos novos socios.
  • Estado de contas
  • Revisión da actividade levada a cabo en 2019:
    • Integración en FESVET. Situación e obxectivos.
    • Constitución de SEPGA, presentación a eleccións sindicais e situación actual.
    • Oposicións e Concursos.
    • Carrera profesional.
    • Nova web
    •  
  • Proposta de celebración dunha Xornada sobre a situación actual dos SSVV en Galicia. Desenvolvemento da veterinaria de saúde pública. Propostas de futuro. Esta xornada organizaríase xunto co Consello de colexios veterinarios de Galicia e Facultade de veterinaria, a celebrar ao longo do próximo abril/maio. Discusión e aprobación no seu caso.
  • Proposta de firma do convenio con SEPGA (permitiríanos pertencer ás dúas formacións simultaneamente, en breve e previo a celebración da asemblea remitiremos un modelo de convenio xunto cun documento informativo).
  • Cotas e domiciliación das mesmas. Discusión e aprobación no seu caso.
  • Liñas abertas:
    • Carreira profesional. Situación a data de hoxe.
    • Concurso veterinarios. Situación actual.
    • Procesos selectivos en marcha. Situación.
    • Situación aprobados última oposición.
    • Acordo de veterinarios, 2008. Inicio de negociacións.
    • Decreto de funcións (discusión).
    • Liñas de actuación a través de SEPGA.
  • Eleccións ao Comité executivo de Asvef. Condicións e datas.

                  Se non podes asistir, de acordo co establecido no artigo 8 dos estatutos podes delegar o teu voto nun compañeiro da túa confianza.

                  Cada afiliado asistente non poderá ostentar a representación de mais de dous afiliados ausentes.

                  Xúntase modelo de representación:

 

 

                      Sen máis, esperando vernos o próximo 3 de marzo,  recibe un cordial saúdo.  

Fotografías:





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra