Comunicado de agradecemento de SEPGA a todos os empregados/as públic


19-03-2020

foto  Comunicado de agradecimiento de  SEPGA a todos los  empregados/as públicos/as

Como ben sabedes, neste momento de pandemia por mor do coronavirus, a Xunta de Galicia ven de implantar uns servizos esenciais que teñen como finalidade  garantir que a administración pública continúe desenvolvendo unha actividade  efectiva e necesaria para toda a cidadanía.

Isto motiva que haxa centos de empregados/as públicos/as que teñan que acudir a diario ao seu centro de traballo para manter o funcionamento da nosa administración.

Estamos a falar do persoal directivo, da seguridade, do mantemento de edificios, comunicacións e outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información, do pagamento a provedores, das habilitacións, da gardaría forestal e ambiental, dos centros de recuperación da fauna e razas autóctonas, das propias do servizo de gardacostas de Galicia, dos servizos de alertas sanitarias en todas as súas modalidades, dos servizos de inspección de saúde pública e inspección ambiental, dos servizos de prevención e extinción de incendios de Galicia, así como todas aquelas que determinen os órganos directivos por considerárense necesarias para garantir a continuidade das funcións básicas.

Pois ben, dende o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia queremos amosar o noso máis sincero agradecemento a todas estas persoas que están a poñer en risco a súa saúde coa única finalidade de prestar un servizo público.

Lembrade que SEPGA se mantén aberto a todos/as os empregados/as públicos/as para recibir calquera consulta ou denuncia por situacións que entendades que non se axustan  ao estado de alerta sanitaria no que nos encontramos.

Confiemos en que estes momentos complicados duren o menor tempo posible e que as medidas que se van adoptando surtan os efectos desexados.

Un saúdo e moitas grazas a todos e todas polo voso traballo e esforzo.

 

 

Fotografías:





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  C/ Echegaray nº 10 2º Izda. - Pontevedra
36002 - Pontevedra