PETICIÓN DE INFORMACIÓN A FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE CONCURSO VETERINARIO


14-01-2021

foto  PETICIÓN DE INFORMACIÓN A FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE CONCURSO VETERINARIO

O pasado martes 12 de xaneiro se remitiu ao Director Xeral de función Pública un correo electrónico solicitando información sobre o estado do concurso do na escala veterinarios da Xunta de Galicia.

Na comunicación trasladamos novamente  a nosa preocupación polo extraordinariamente amplos que resultan os periodos entre concursos de traslados no noso corpo, aspecto que non conleva máis que problemas, así como o noso interese por acortar estos periodos ao mínimo imprescindible, tendo en conta que o anterior concurso data do ano 2013, e que os funcionarios que accederon á Escala nas Oposicions do ano 2005 aínda non poideron concursar, e que dende o ano 1993 tan so tense celebrado un concurso, precisamenteo do 2013.

A finais de 2019 e principios do 2020 fixemos observacións respecto do borrador de concurso pero dende entón este tema quedou aparcado nun ano difícil polas cuestiones sanitarias.

Non obstante, tendo en conta que se realizaron accions relativas á adscripción provisional dos aprobados no anterior proceso selectivo, así como a convocatoria dos procesos de estabilización e consolidación, parece imprescindible impulsar enérxicamente o tema do concurso veterinario para os funcionarios, xa que é moi necesario, tanto para evitar as desviacións que supoñen periodos tan largos, como para retornar a un periodo de normalidade e estabilidade.

Trasladamos esta cuestión, así como o noso ofrecemento para colaborar con esa Dirección Xeral.

Esperamos que nos contesten e se poñan en contacto con ASVEF nun tema tan importante para a profesión e que non pode ser postergado e ao que se lle debe prestar a necesaria atención, xa que o contrario suporía unha notable decepción para o colectivo e a Asociación.

Saúdos.





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra