SEPGA solicita a adhesión ao Acordo de prestación de SSVVOO


28-03-2023

foto  SEPGA solicita la adhesión al Acuerdo de prestación de SSVVOO

O pasado 23 de marzo, o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia, SEPGA, solicitou de xeito formal, a adhesión ao Acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia, a instancias de ASVEF, co fin de estar presente no seguimiento e circunstancias derivadas deste Acordo para unha mellor defensa das condicións de traballo reguladas no mesmo, e contar cunha participación directa da profesión veterinaria.

Ata o de agora este acordo se atopa asinado polas organizacións sindicais CIG e UXT, que o asinaron no ano 2008, data do acordo, ás que posteriormente se uniron CC.OO. e CSIF, completando así a comisión de seguimento.

Con esta solicitude se pretende mellorar dito seguimento e aportar un ánimo supervisor e de criterio dende un maior coñecemento da profesión e das súas circunstancias nas Consellerías nas que desenvolven as tarefas os servizos veterinarios, velando como é lóxico pola defensa do colectivo veterinario.

No momento no que se teña coñecemento respecto da solicitude e da súa aceptación ou rexeitamento polas partes asinantes vos será comunicado.

Grazas e saúdos.





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra