INFORMACIÓN CONCURSO ESCALA VETERINARIA


26-05-2023

foto  INFORMACIÓN CONCURSO ESCALA VETERINARIA

Postos en contacto coa Dirección Xeral de Función Pública para obter información en relación ao concurso da escala de veterinarios, transmítennos noticias pouco esperanzadoras, xa que é moi pouco probable que poida ser convocado este ano 2023, debido segundo a devandita fonte á cantidade de procesos que ten en marcha este departamento, motivados moitos deles pola aplicación da lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Aínda que recoñecen a necesidade deste concurso, os medios cos que conta a citada dirección xeral, aínda que foron reforzados recentemente, non son suficientes para abordar outros procesos.

Dende ASVEF trasladóuselle que, dado que o último concurso para esta escala data de 2012, e que este foi o primeiro concurso desde o ano 1994, estamos ante unha situación bochornosa, na que, de novo, supérase a cifra de máis de dez anos para un novo concurso, coa lóxica consecuencia que esta situación xera: comisións de servizo, adscricións provisionais, interinidade, interinidade e moita interinidade e hastío por parte das persoas empregadas públicas desta escala.

Desde ASVEF seguiremos sobre o tema, para sumar esforzos para tentar solucionar este tipo de situacións e solucionar as ineficiencias deste tipo que son tan habituais na administración autonómica galega. De igual xeito trasladaremos a SEPGA que se presione en aras do tan falado establecemento do concurso permanente así como do concurso específico para prazas de Niveis 28 que aborden a profesionalización da administración e reduzan ao máximo as libres designacións.

Saúdos.





    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra