Bienvenida


Benvidos á páxina da Asociación Sindical de Veterinarios Funcionarios da Xunta de Galicia,

Asvef constitúese no ano 1996 baixo a forma de organización sindical profesional, independente de partidos e organizacións políticas. A súa liña de acción vén marcada polas decisións que democrática e libremente emanan dos propios asociados.

Como empregados públicos, formamos parte dunha estrutura organizativa nun contexto de profundos cambios sociais e profesionais, o que nos obriga a permanecer en continua evolución, a risco, de converternos en estruturas obsoletas, incapaces de facer fronte ás demandas que a sociedade nos esixe en cada momento.

Como profesionais sanitarios, a saúde pública, a través da seguridade alimentaria e a sanidade animal, constitúen as nosas principais liñas de traballo, sen esquecer as  producións animais e a vixilancia que temos encomendada co obxectivo de velar porque se leven a cabo de maneira ordenada e dentro dos estándares establecidos de respecto co benestar animal e co medio ambiente.

 Son estes, obxectivos de gran sensibilidade social e por iso de gran responsabilidade que, unicamente dispoñendo dos medios materiais, humanos e organizativos adecuados, seremos capaces de cumprir con eles e  co noso compromiso coa sociedade.

Deste xeito, Asvef, xorde da necesidade de dispoñer dun foro onde todo asociado poida verter as súas inquietudes, denunciar situacións, facer propostas de mellora, para unha vez ordenadas, convertelas en reivindicacións ante aquelas instancias con capacidade de decisión, sen esquecer a importante tarefa que debe seguir desenvolvendo, representando e visibilizando o noso labor como profesionais en cuantos foros estimemos necesario.

Quen pode formar parte de Asvef?

Todo persoal funcionario de carreira, interino ou laboral da Xunta de Galicia ao que se lle esixiu ser Licenciado en Veterinaria para poder ostentar dita condición.

Desde esta páxina convidámosche a que formes parte desta organización, ofrecéndoche a oportunidade de participar trasladando as túas inquietudes, denunciando situacións ou elevando propostas, na idea de modificar e mellorar o status quo existente.

                            

El cambio es una puerta que se abre desde dentro

 Virginia Satir.

    Escribenos: info@asvef.gal
asvef.gal
  Camiño Vello de Castella 4, - Pontevedra
36002 - Pontevedra