02-10-2019
Bos días.
Unha vez concluído o prazo para recoller as vosas opinións ao redor da manifestación do próximo día 17 de novembro, comunicarvos que maioritariamente todas as opinións son favorables a apoiala, aínda que o manifesto debe ser mellorado. É certo tamén, que algúns opinades que debemos ser un pouco pacientes á hora de manifestar o noso apoio, visto que estruturas como o Consello, Colexios veterinarios ou Facultades de veterinaria, aínda non se manifestaron e non sabemos en que medida farano.
Como ben sabedes, o próximo 20 de outubro está convocada unha Asemblea en Madrid, Asemblea que se non se traballa debidamente con antelación, a asistencia de 20, 30 ou 40 organizacións diferentes, entendemos que fará moi difícil chegar acordos.
Por tanto, partindo que a apoiaremos, trataremos, chegado o momento (antes do 20 de outubro) comunicar o noso apoio e propoñer a modificación do manifesto con algún texto alternativo, para o cal xa se vos convida a que enviedes algunha proposta neste sentido, se non o texto completo, se trasladar aquelas reivindicacións que consideredes deben figurar.
En canto a asistir ademais de apoiala, non sabemos se algunha outra organización de Galicia apoiaraa e asistirá á mesma, polo que neste sentido tamén nos manteremos á espera de pronunciarnos.
Si queremos resaltar, que a vosa participación foi e adoita ser, moito menor da desexada.
Queremos insistir no fundamental que é participar, contar con todas as opinións. Caso contrario é moi difícil ter a certeza, que a pesar do esforzo das persoas que estamos a soster esta estrutura, esteamos na liña e sobre os problemas que máis vos preocupan.
Considerando os resultados das últimas eleccións sindicais e a presenza mais que importante de representantes do noso colectivo tanto no Comité executivo como nas Xuntas de Persoal do sindicato SEPGA, esta situación de certo privilexio, levaranos a que en moi breve prazo formemos parte de diferentes Mesas ata as que se poidan elevar, discutir e defender os nosos intereses, instancias vetadas ata a data para todos nós.
Sen máis e á espera de recibir as vosas opinións, recibide un cordial saúdo.