21-05-2022
A consellería do Medio Rural se atopa en fase de tramitación dunha nova RPT e dentro desa xestión se trasladou a información da mesma ás organizacións sindicais para que realizasen as súas alegacións.
Se ben nun primeiro momento, entre os sindicatos que recibiron a información non se atopaba SEPGA, ao que como sabedes se atopa ligado a nosa asociación profesional, tras a oportuna reclamación e indicación de que se non incluían a SEPGA se tomarían as accións oportunas para defender o dereito a acción e liberdade sindical, a consellería ofreceu unha data de reunión co SEPGA que se concretou o pasado 12 de maio.
Se solicitou a todos o persoal funcionario que fixera alegacións para presentalas ante a consellería co resultado dunha grande aporte de alegacións de distinto tipo, destacando as realizadas a través de ASVEF polo colectivo de veterinarios funcionarios.
No ámbito veterinario destaca a polémica reestruturación do FOGGA extremadamente perxudicial para o colectivo veterinario mediante a práctica desaparición da profesión nese organismo, substituída por enxeñeros agrónomos, pero tamén para o interés público e a xestión de dito organismo e tamén a cuestión da unidade móbil que se pretende crear nas xefaturas provinciales así como a tradicional reclamación dun axeitado reparto de persoal por provincias e oficianas en función da carga de traballo de todolos sectores gandeiros, abandoando os lastres de tradicionais asignacións de persoal que parecen máis propios dos anos 80´s.
Ademais a través do Sepga se formularon alegacións doutros colectivos principalmente dos grupos A1 e A2 que se poden ver no documento anexo.
ASVEF agradece a colaboración mostrada polos seus asociados e polo persoal veterinario en xeral.
Para a próxima semán se prevé unha nova reunión coa consellería de Medio Rural para proseguir con este tema.