30-03-2023
Damos conta dun escrito formulado polo Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (SEPGA), organización sindical coa que ASVEF mantén un convenio, dirixido á Consellería do Medio Rural. No Diario Oficial de Galicia (DOG) número 6, do 10 de xaneiro dítase a Resolución da Consellería do Medio Rural, do 27 de decembro de 2022 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de agosto de 2022 polo que se aproba o acordo sobre as condicións de traballo de determinadas prazas adscritas ás xefaturas territoriais desta consellería.
Dito Acordo foi negociado pola Consellería do Medio Rural sen contar nin ofrecer a participación nunha hipotética sinatura de dito acordo á principal representación duns dos colectivos que se atopan afectadas algunhas prazas, como é o Corpo Facultativo Veterinario, ben sexa a través do Sindicato SEPGA, que ten o terceiro lugar na representación sindical de funcionarios e que sen dúbida tería consultado con ASVEF acerca das cuestións plantexadas.
Cabe considerar que dito acordo afecta exclusivamente a persoal funcionario e que, a modo de exemplo, deixa as prazas de veterinarios fora do Acordo para a ordenacion e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais no ambito da Xunta de Galicia, sen compensación retributiva por horas fora do horario habitual, limitándose a compensación unicamente a cuestións como compensacións horarias e á percepción de dietas por mantemento, dacordo co establecido na normativa xeral para os empregados públicos da Xunta de Galicia, como non podía ser doutra manera.
O Acordo sobre condición de traballo en determinadas prazas adscritas ás xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural foi asinado polo conselleiro do Medio Rural e polas organización sindicais CSIF, CC.OO e UXT. Chama tamén a atención o feito de que un acordo asinado o 4 de agosto de 2022, trasládese ao DOG e publicite o 10 de xaneiro de 2023, cinco meses despois.
Por parte do SEPGA se solicitan explicacións da marxinación de dita organización sindical representativa dos dereitos dos funcionarios, tendo en conta a normativa de liberdade sindical e a Lei de emprego público de Galicia.
Este comunicado non entra a valorar a idoneidade e as función asignadas a estas prazas entre as que que tamén se inclúen a Oficina Agraria Móbil, constituída por un autobús itinerante polos concellos de Galicia que pode operar de luns a domingo, xa que iso sería obxecto doutro comunicado no que se analizase o acordo en cuestión así coma as funcións que deben ser realizadas polos veterinarios.
Porén, para o voso coñecemento e opinión na páxina web se inclúe tamén a resolución pola que se aproba o dito Acordo.
En relación co convenio con SEPGA, proximamente recibiredes una comunicación relativa as cotas de ASVEF e as posibilidades de afiliarse simultaneamente a SEPGA.
Un cordial saúdo.